Ir al contenido principal

Xornadas de Videoxogo e Literatura

PROGRAMA

XOVES 15 OUTUBRO
11:00hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
APERTURA

A cargo do noso mestre de cerimonias:

Bruno Doiro. Como xa é habitual conducirá todos os contidos coa súa especial habilidade como actor de dobraxe e artista gráfico.

11:05hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
XOGANDO A SER. OS XOGOS DE ROL E O LECER INTERACTIVO

Contará coa participación de:

Andrea Bretín. Deseñadora de xogos de mesa e responsable en Colibrí Games.

Manuel Sánchez. Vigués adoptivo, roleiro de pro, eterno director de xogo e responsable en Realidad Alternativa.

Jose Veiga. Responsable en Customeeple.

12:15hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
INAUGURACIÓN

Con representantes do Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia, Fundación Carlos Casares, empresas e institucións.

12:30hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
PAUSA

A hora do café.

12:45hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
PROFESIONALIZARSE FACENDO VIDEOXOGOS: A PARTE LEGAL. ELEMENTOS A TER EN CONTA NO PROCESO CREATIVO.

Xosé Manuel Rey. É responsable na firma coruñesa datalawyers e vainos contar que temos que facer para poder comezar a facturar como estudio de videoxogos, como ser autónomos, ou montar unha empresa.

13:45hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
PAUSA PARA COMER

Volvemos pola tarde.

17:00hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
POSICIONARSE FACENDO VIDEOXOGOS: TRABALLANDO CON "PUBLISHERS"

Juan Pablo Ordóñez. CEO en Game Hunters, traballa poñendo en valor as IPs que os estudios crean. É especialista en produto e posicionamento de xogos.

18:15hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
PAUSA

A hora do café.

18:30hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
POSICIONARSE FACENDO VIDEOXOGOS: COMO FUNCIONA A TENDA DE STEAM.

Javier Mayor. Productor, deseñador e desenvolvedor de videoxogos. Aconsellaranos sobre como chegar cunha boa proposta de ventas a STEAM e mellorar a rendibilidade dos nosos xogos. Tamén é responsable da xestión en Videoxogo.gal

19:30hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
OS INDIES EN GALICIA. VIDEOXOGO.GAL

Visibilidade para os equipos de desenvolvemento galegos a través da asociación Videoxogo.gal. Contaremos con:

A. Carolina Nickelle, falará de Chroma Tales.

B. Andrés Piñeiro con Golpes e Broucazos.

C. Gerardo Borjes de Aureole Wings of Hope.

20:30hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
FIN DA XORNADA

 

VENRES 16 DE OUTUBRO
17:00hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
COLORATURA: DESEÑANDO UNHA AVENTURA QUE SE XOGA SEN VER.

Creado por Nakama Game Studios, Coloratura é un videoxogo no que asumes o papel de Alex, unha moza con dotes musicais que, gradualemente vai perdendo a vista. Estarán nas Xornadas:

· Lluís Morueco (deseñador)

· Pedro Seco (Game Director)

18:00hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
PROFESIONALIZARSE FACENDO VIDEOXOGOS: DAS IDEAS AOS PRODUTOS

Francisco Téllez de Meneses. Programador de videoxogos desde 1987 pasou por Ubisoft e outros estudios. En PC e consolas é o autor de Unepic (2011), Ghost 1.0 (2016), UnMetal (2021) e Pampas & Selene (2024).

19:00hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
OBRADOIRO · GAMIFICACIÓN NA EDUCACIÓN

Lucía Moure. Profesora de galego e responsable de Curruncho Galego. O obradoiro estará orientado a exercicios de gamificación na aula e adaptable a outros ámbitos profesionais e persoais.

20:15hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
DENDE O GALEGO CON HUMOR: OS PROXECTOS DA GAMEJAM

Presentación dos proxectos participantes na GameJam "Dende o galego con humor" de 2025, organizada pola Fundación Carlos Casares.

Anuncio da nova edición de 2026.

20:45hs
ESPAZO MARCO - Galería 3
REMATE DAS VIII XORNADAS

Pecharemos as VIII Xornadas Videoxogo e Literatura.