PROGRAMA
Arrincan as V Xornadas de Videoxogo e Literatura coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Vigo.
Contaremos coa presenza de Qar Dorayo, Elvendwarf2 (Aureole) e máis Elena Figueiro (Umbra).
Carlos vén de recibir o premio ETIV da Universidade de Vigo a mellor xogo en galego, Gerardo chega da GamesCon en Alemaña colleitando recoñecemento con Aureole e Elena é a gañadora con Umbra do premio a mellor integración Arte / Xogo na Kokoro Japan Expo de Vigo.
Mesturamos nesta mesa a Rebeca Álvarez, que nos falará do seu traballo creando contidos en Youtube como lectora de libros, a María Foscaldo, xornalista, que da vida á Repunante, chegando coas súas aventuras cada día os seus seguidores en TikTok e a Fernando Moreiras, que ven de traducir nin máis nin menos que Baldur's Gate 3.
Directo desde Péndulo Studios, volte Josué Martínez Rodríguez ás Xornadas con "O diálogo non lineal e a sensación de axencia" unha master class na que aprenderemos a deseñar correctamente diálogos para videoxogos, as ramificacións de decisións, planificar a historia e moitas cousas máis.
Queremos dar voz, nunca mellor dito, ás voces da dobraxe coa participación de Jorge Vigo (Kunda) ao que coñecederes pola voz de Minabo, Julio Lorenzo, inesquecible voz de Son Goku na versión da TVG, e de Teresa Santamaría non menos icónica Chi chi.
Camilo Franco, director do Culturgal, falará sobre o papel activo e cultural do videoxogo.
Javier Bello, redactor en Games Tribune achéganos a importancia da comunicación nos videoxogos, ponderamos a calidade ou a cantidade?
Pablo Monroy é cofundador e responsable de desenvolvemento de negocio no estudio OverPowered Team en Madrid. Falará de como presentar proxectos, falar con inversores, negociar con publishers e moitas cousas máis.
Valeria Castro é a diretora de Platonic Games ademáis de presidenta da DEV, ampla coñecedora do sector o seu estudio ten unha ampla experiencia con publishers e inversoras.
Este ano queremos coñecer a realidade da oferta para estudar videxogos en Galicia, e qué outros estudos poden ter que ver con eles. Programamos dúas mesas de debate: na primeira delas estarán Luz Castro, mestra na Universidade da Coruña e presidenta de Videoxogo.gal; Onésimo Juncos, da Universidade de Santiago de Compostela; e un representante do IES Muralla Romana de Lugo.
Na segunda mesa estarán Ramón Méndez, do ETIV da Universidade de Vigo, Beatriz Legerén, integrante do grupo COMTECART da Universidade de Vigo; Xurxo Touris da Escola de Imaxe e Son de Vigo e un representante do IES Carballeira de Ourense.
Yova Turnes, fundador do proxecto DeVuego, acheganos esta incrible ferramenta que empregan cada día milleiros de persoas, tanto en España como en LatinoAmérica.
Rubén López, cofundador de Aruma Studios falará sobre facer o guión dentro do estudio ou encargalo fóra.
Como esta é a quinta edición das Xornadas queremos dar unha sorpresa especial para toda a xente que o longo de estes cinco anos nos estades apoiando. Siiiiii!
Elesky estará en Vigo o día 29 as 19:30 na Porta do Sol de balde, para quen queira ir!
Estarán na mesa Hugo Botana que é director de proxectos en Lua Gaming, Fátima García, xefa do servizo de Coordinación Estratéxica e Innovación (Xunta de Galicia) e especialista en comunicación alternativa, aumentativa e en estimulación cognitiva, que falará do proxecto Galiverso;e Miguel Areán de PolygoneStudios presentará LearnDigiSteam un proxecto ERASMUS+ de videoxogo para a aprendizaxe STEAM.
Se hai un eido no que se mesturan os mundos multiversais é este. Eva Gallardo de Centro Zenryoku, Ramón Piñeiro de Tempus Ludit e Mario González de Kame Comic falarán de todo isto e dos seus proxectos nunha mesa que da continuidade a unha temática con moito exito na edición pasada das Xornadas.
Queres contar algo?
Apúntate a desconferencia. O micro é teu durante dez minutos.
Publicaremos as persoas participantes uns días antes do evento.
Pecharemos as V Xornadas de Videoxogo e Literatura.