Xornadas de Videoxogo e Literatura

II Edición

ANO 2020

Logotipo identificativo II Xornadas

II XORNADAS DE VIDEOXOGO E LITERATURA.
UNHA MIRADA TRANSVERSAL.

Esta segunda edición das Xornadas medra tanto en contidos coma en duración. Dous días, 11 e 12 de setembro de 2020, nos que se pretende ampliar o coñecemento público sobre o sector, debuxar as perspectivas de crecemento e integración na cadea de valor da cultura, apuntar os desafíos que enfrontan os seus profesionais e ofrecer, ademais, a posibilidade de interactuar coas figuras máis dinámicas e prometedoras do sector, en calquera que sexa a súa especialidade.

Cremos que o sector cultural do videoxogo galego ten moitas posibilidades de expansión, e é nese punto de confluencia coa literatura, en particular, e coas artes, en xeral, onde vai coller o impulso necesario para acadar a velocidade de escape cara a escena internacional.

Nesta ocasión medramos en gran medida o programa contando coa participación dun maior número de profesionais de distintas áreas para poder dar a coñecer todos aqueles sectores que abarca o videoxogo. Guionistas, músicos, animadores, expertos financieiros, autores, deseñadores de xogo, psicólogos, directores de grandes empresas e de proxectos afíns….

Un programa de conferenciantes variados pero que nos permite coñecer de primeira man o valor cultural dos videoxogos.

Ademais, como novidade extra convocamos dous concursos con gustosos premios! Unha Game Jam baseada na obra de «O galo de antioquía» de Carlos Casares, cunha acollida magnífica, e un concurso de Pixel Art ou «arte pixelada«, cuxo obxectivo era representar a novela «Ilustrísima» tamén do mesmo autor.

Observa o que crearon os gañadores da última edición!

cartel informativo de II xornadas de videoxogo e literatura

I GAME JAM "VIDEOXOGO E LITERATURA"

Cartel presentación de concurso Game Jam

· RESULTADOS ·

O domingo 6 de decembro de 2020, o xurado da competición, reunido virtualmente, valorou os xogos presentados á I Game Jam «Videoxogo e Literatura» da Fundación Carlos Casares. Recordamos a temática:

O galo de Antioquía de Carlos Casares e Xinzo de Limia

O xurado resaltou a alta calidade das propostas presentadas, algunhas delas de moi grande interese mesmo que non foran as premiadas. Puntuáronse as características que aparecen nas bases:

· Capacidade de adaptación á temática proposta.

· Narrativa.

· Estética (arte e música).

· Xogabilidade do prototipo.

· Orixinalidade da proposta.

· A aplicación de assets e/ou plugins.

Como resultado da votación destes aspectos, elixíronse dous equipos premiados:

Primeiro premio - 500€

Plumaxe

Violeta Moldes, Virek Loch e Iago Gordillo

Segundo premio - 300€

A lenda de Xacobe Morgade

Thiago Gosalbo

NORABOA A TOD@S!

I CONCURSO PIXEL ART
"VIDEOXOGO E LITERATURA"

cartel informativo convocatoria concurso pixel art

· RESULTADOS ·

O sábado 12 de setembro de 2020, o xurado da competición reúnese tras o telón do MARCO para resolver o/a gañador/a do I Concurso Pixel Art «Videoxogo e Literatura» da Fundación Carlos Casares. Recordamos a temática:

Ilustrísima de Carlos Casares

Puntuáronse as características que aparecen nas bases:

· Calidade estética e artística da obra.

· Orixinalidade da proposta.

· Capacidade de adaptación e de adecuación da obra ao relato escollido.

O xurado quedou sorprendido cunha obra en particular, tanto pola súa calidade, coma a interpretación dada á obra base e a súa magnífica adaptación artística.

Como resultado, o/a participante premiado/a foi:

Primeiro premio - 250€

Daniel Malvido

NORABOA A TOD@S!

Coma guinda do pastel, este ano presentamos a exposición «A historia dos videoxogos en 360º«. Trátase dunha instalación expositiva e interactiva, complementada por unha visita virtual en 360º, que propón ao visitante viaxar polos eventos máis relevantes da historia do sector. Máis de 40 anos resumidos en 20 fitos: videoconsolas, universo arcade, VR, mandos de control únicos, videoxogos que marcaron época e os mellores videoxogos, esta vez, tamén galegos. Creado polo Museo do Videoxogo en colaboración con algúns dos desenvolvedores de videoxogos máis importantes de Galicia, a proposta conduciranos dende a década de 1970 ata os nosos días a través dun percorrido divulgo-interactivo adaptado aos tempos, no que tamén será imprescindible a interacción virtual para coñecer en profundidade todas as pezas expostas.

Con esta formulación innovadora, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia presenta á sociedade galega o videoxogo coma unha ferramenta educativa, coa rigorosidade e respecto que merece, e en definitiva como un ben cultural que forma parte da sociedade e evoluciona xunto con ela como pode facelo a literatura, o cine ou a música.

Disfruta dela aquí abaixo!

Escenario y set de las Xornadas
Organizadores de las Xornadas sobre el escenario
Onésimo Juncos dando una charla
Público asistiendo al evento Xornadas
Dos personas hablando en una conferencia
Proyección de charla online en un proyector
Exposición del Museo de videojuegos