I Edición
ANO 2019
VIDEOXOGO. REALIDADE AUMENTADA. LITERATURA. UNHA MIRADA TRANSVERSAL.
VIDEOXOGO
REALIDADE AUMENTADA
e
LITERATURA
UNHA MIRADA TRANSVERSAL
A primeira edición das Xornadas de Videoxogo e Literatura celebrouse en xuño de 2019 en pleno centro da cidade de Vigo, no Museo de Arte Contemporánea (MARCO). Foi un encontro que buscaba explorar as posibilidades de crear sinerxias entre ambos os dous espazos, a partir dunha canle de comunicación libre e aberta.
A través do lema «Unha mirada transversal«, convidamos a técnicos, artistas, mestres universitarios, representantes do asociacionismo profesional e mesmo empresas de ambos sectores.
Durante a xornada compartimos perspectivas do sector do videoxogo e a cultura que crea, a través de mesas redondas con profesionais que contan as súas experiencias. Tamén abrimos un espazo ao proxecto literario Adaptación 2.0, un libro cuxo obxectivo é dar conta das novas posibilidades creadas pola proliferación de medios, abordando temas coma o fenómeno da adaptación cinematográfica de obras literatiras, a narrativa transmedia e as Aulas transmediales, viaxando a través do mundo do cómic, a televisión e o videoxogo.
Esta iniciativa tivo unha acollida magífica, tanto que, ao remate da xornada, os asistentes e participantes manifestaron a necesidade de afondar neste proxecto, buscando a súa propia ampliación e, incluso, levándoo a outros sectores potencialmente interesados.
A canle de comunicación ficaba, pois, establecida.