DESCONFERENCIA

Unha desconferencia é a antítese da conferencia convencional. Neste espazo non traemos ningún erudito dunha materia en particular, senón que o que toma a palabra es ti. Si, ti. As persoas asistentes ás IV Xornadas son as protagonistas deste espazo, para que tomades a voz do micro e contades as vosas inquedanzas, ideas, perspectivas, problemas, dúbidas, preocupacións, proxectos, campos de estudo… Todo o que vos gustaría compartir na linde dos videoxogos e a literatura. Todas sodes as verdadeiras protagonistas e quen marcades o rumbo das Xornadas.

A desconferencia nace para que compartas a túa mensaxe ao mundo.

Atréveste?

· BASES DA PARTICIPACIÓN NA DESCONFERENCIA ·
  • Cada desconferenciante terá un tempo de 15 minutos para desenvolver e contar a súa mensaxe, e intercambiar, se cabe, perspectivas cos demais desconferenciantes ou persoas do público.
  • A inscripción previa é obrigatoria.
  • Cubrir o formulario de inscrición non supón a participación directa. Cada desconferenciante deberá incluír, no campo correspondente do formulario de inscrición, un breve texto sobre a temática da súa participación, que será analizado polo comité técnico para asegurar que trata unha temática afín ao espírito das IV Xornadas. A persoa inscrita recibirá un correo coa confirmación da súa participación unha vez analizada e aprobada a temática en cuestión.
As prazas son limitadas!