Desconferencia
Unha desconferencia é a antítese da conferencia convencional. Neste espazo non traemos ningún erudito dunha materia en particular, senón que o que toma a palabra es ti. Si, ti. As persoas asistentes ás III Xornadas son as protagonistas deste espazo, para que tomades a voz do micro e contades as vosas inquedanzas, ideas, perspectivas, problemas, dúbidas, preocupacións, proxectos, campos de estudo… Todo o que vos gustaría compartir na linde dos videoxogos e a literatura. Todas sodes as verdadeiras protagonistas e quen marcades o rumbo das Xornadas.
A desconferencia nace para que compartas a túa mensaxe ao mundo.
Atréveste?
Cada desconferenciante terá un tempo de 15 minutos para desenvolver e contar a súa mensaxe, e intercambiar, se cabe, perspectivas cos demais desconferenciantes. A inscripción previa é obrigatoria.