PixelArt

Pixel Art!!

Nesta segunda edición das Xornadas, a Fundación Carlos Casares desexa abrir a participación a cidadanía e creadores mediante a convocatoria de dous concursos que permitan mellorar a profesionalización do sector: un concurso de arte pixelada ou "Pixel art" e outro de desenvolvemento de videoxogos, ou "Game jam".

A "Pixel art" ou “arte pixelada” é unha disciplina artística dixital consistente na creación dunha obra de arte visual a partir de píxeles, semellante ao puntillismo tradicional das artes pictóricas. A partir dunha limitación como a representación artísitca dunha imaxe a partir dun número pechado de puntos, a imaxinación e a procura de perspectivas plásticas novidosas configura verdadeiras obras de arte. Esta ferramenta tecnolóxica foi creada en 1957 por Russel Kirsch, ao que queremos tamén homenaxear tras o seu falecemento en 2020. Foi utilizada nos primeiros videoxogos, e actualmente na creación de xogos "indie" con fin de achegar á experiencia de lecer un aspecto retro e nostálxico.

As persoas participantes no concurso desenvolverán unha obra de arte complexa relacionada coa obra de "Ilustrísima" de Carlos Casares, do que se cumpre o 40 aniversario da súa saída ao prelo. Os traballos recibidos exporanse nunha sala do Museo de Arte Contemporánea de Vigo para ser visitados presencialmente, e tamén virtualmente na web das Xornadas.
Inscríbete xa!!

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable FUNDACIÓN CARLOS CASARES .
  • Finalidad
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios TESYS INTERNET SLU.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.