Game Jam!!
RESULTADOS FINAIS DA GAME JAM
O domingo 6 de decembro, o xurado da competición, reunido virtualmente, valorou os xogos presentados á I Game Jam “Videoxogo e literatura” da Fundación Carlos Casares. O xurado resaltou a alta calidade das propostas presentadas, algunhas delas de moi grande interese mesmo que non foran as premiadas. Puntuáronse as características que aparecen nas bases:
· Capacidade de adaptación á temática proposta.
· Narrativa.
· Estética (Arte e música).
· Xogabilidade do prototipo.
· Orixinalidade da proposta.
· A aplicación de assets e/ou plugins.
Como resultado da votación desteas aspectos, elixíronse dous equipos premiados:
>>>>>> PRIMEIRO PREMIO, DOTADO CON 500 EUROS
Título do videoxogo: “Plumaxe”.
Integrantes do equipo: Violeta Moldes, Virek Loch e Iago Gordillo.
>>>>>> SEGUNDO PREMIO, DOTADO CON 300 EUROS
Título do videoxogo: “A lenda de Xacobe Morgade”.
Integrantes do equipo: Thiago Gosalbo.
A partir do luns 7 de decembro os integrantes da Fundación Carlos Casares poranse en contacto cos equipos premiados mediante correo electrónico para a solicitude de información necesaria para formalizar o pagamento dos premios.
A Fundación Carlos Casares desexa reiterar o excelente labor dos participantes co interese posto na celebración dunha segunda edición en 2021.
TEMA DA GAME JAM
2. O xogo debe conter referencias á comarca galega da Limia ou á localidade de Xinzo de Limia (xeografía, personaxes, costumes, cultura, gastronomía, historia, lendas, etc.).
TEMA DE LA GAME JAM
2. El juego debe contener referencias a la comarca gallega de A Limia o a la localidad de Xinzo de Limia (geografía, personajes, costumbres, cultura, gastronomía, historia, leyendas, etc.).
GAME JAM THEME
2. The game must contain references to the Galician region of A Limia or the town of Xinzo de Limia (geography, characters, customs, culture, gastronomy, history, legends, etc.).
Unha "Game jam" é un encontro de desenvolvedores que ten como propósito a creación dun videoxogo nun curto período de tempo, de entre 24 horas e ata unha semana, dependendo das circunstancias. Os participantes, de forma individual ou por equipos, adoitan estar especializados nunha ou en varias disciplinas artísticas que deben desenvolver: programación, deseño, arte, música, produción...
Este concurso terá unha temática relacionada coa obra literaria de Carlos Casares e as persoas interesadas poderán anotarse previamente, co fin de crear equipos multidisciplinares homoxéneos. Os participantes poderán traballar dende calquera localización; os equipos desenvolverán un proxecto e un prototipo do xogo, que será remitido ao xurado para que analice o código e calidade do mesmo.
Para máis información, descarga as bases actualizadas nas ligazóns de abaixo.