Xornadas de Videoxogo e Literatura

Exposición

ilustración de mando de consola

EXPOSICIÓN EXPERIMENTAL SOBRE VIDEOXOGOS
A Literatura entra en Xogo

Ao longo da historia os videoxogos atoparon unha fonte de inspiración na literatura, pero é evidente que, sobre todo nos últimos anos, videoxogo e literatura véñense nutrindo reciprocamente. A narrativa máis tradicional inflúe no xeito de crear argumentos e personaxes nos videoxogos, e ao igual que os videoxogos aprenderon da literatura, hoxe en día tamén está a ocorrer á inversa.


Mais á hora de falarmos de videoxogos cómpre falar dunha das evolucións finais das artes, remuíño doutras vertentes culturais. Poñendo o foco nesta idea, alén das narrativas herdadas da literatura, a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia quere afondar na relación deste medio coa música, na súa expresión artística e o seu valor, desenvolvendo para esta terceira edición de Videoxogos e Literatura unha innovadora instalación experimental que, ademais de ao redor de 15 pezas que representan esta transmedialidade, inclúe unha interpretación ao vivo de melodías pertencentes a videoxogos, dando forma e representando a idea básica das Xornadas: as letras, os píxeles e a asociación entre tres elementos indivisibles se falamos de obras completas.

O concerto en vivo terá lugar o xoves día 2 ás 18:30h. A exposición permanecerá aberta os días nos que transcorran das Xornadas.

Presentación da exposición
"A literatura entra en xogo"

Galo Martínez
Cofundador da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

Presentación da primeira tempada do proxecto
"Música e videoxogos"

Jacobo Martínez
Cofundador da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia

Andrea García
Pianista

Visita á área de exposición onde dará comezo o concerto

Durante o mesmo, as persoas asistentes poderán contemplar as diferentes pezas nun ambiente musical contextualizado, gardando respeto á interpretación en vivo levada a cabo pola pianista.
O concerto incluirá unha breve pausa para a intervención de Ramón Méndez, profesor de traducción e localización da Universidade de Vigo, en relación á exposición.