Conferenciantes

GILBERTO SÁNCHEZ

Director académico da área de videoxogos en U-tad e director do Máster en Dirección de Produción para Animación, VFX e Videoxogos.

ANDREA PLAZA

Profesora e experta en Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento. Responsable de Educación en L3TCraft.

MARÍA FERNÁNDEZ

Escritora, iluminadora e creadora de escenarios para videoxogos, e embaixadora de Women in Games (WiGJ).

DAVID FERRIZ

Deseñador de xogos, artista gráfico e con máis de 20 anos de experiencia na creación de videoxogos publicitarios, educativos e independentes para múltiples plataformas.
Cofundador de DevilishGames (1998) e Spherical Pixel (2006)

DANIEL RODRÍGUEZ

Profesor de Tecnoloxía do IES Alexandre Bóveda de Vigo (Coia 2). Creador no IES do club de xogos de mesa “+1: SUBE DE NIVEL”. Colabora coa biblioteca do IES mercando cómics, ficción científica e divulgación científica. Coautor do proxecto roteiroporcoia.es.

TERESA MOURE

Profesora Titular de Lingüística Xeral na USC onde ven traballando especialmente temas de ecolingüística, de universais das línguas e de estudos de xénero. Coordinadora do proxecto Tecnoling+A.

ONÉSIMO JUNCOS

Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela (USC) (ad honorem). Investigador principal de varios proxectos con estudos lonxitudinais sobre cognición e linguaxe no proceso de envellecemento e na Enfermidade de Alzheimer.

CONCEPCIÓN GONZÁLEZ

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e especializada en tradución multimedia e localización de videoxogos, leva na industria desde 2006.
Actualmente traballa no estudo de desenvolvemento de Madrid de EA Sports como Development Manager.

ADRIÁN SUÁREZ

Doutor pola Universidade da Coruña. Está especializado en ludonarrativas, en especial en narrativas de videoxogos xaponeses. Publicou os libros O pai das almas escuras: Hidetaka Miyazaki a través da súa obra e Sobre Mario: de fontaneiro a lenda. Dá clases en UNIR e EBF, e é redactor nas revistas Mundogamers e 3DJuegos.